CHILDREN'S ACTIVITIES
WELSH CAKES
Se queredes probar as auténticas delicias galesas, probade os Welsh cakes. Aquí tedes a receita en galego::
Ingredientes:
225 gramos de fariña de trigo, 100 gramos de manteiga, 75 gramos de sucre, 50 gr de pasas de corinto, 1/2 culleriña de levadura en po, unha pizca de especias , un ovo, unha pizca de sal e un pouco de leite para pintar as bolechas.
Proceso:
Mezclar os ingredientes (fariña, levadura en pó e as especias) nun recipiente. Botar a manteiga en taquiños pequenos e mesturar coa fariña. Engadir as pasae e o sucre, botar o ovo. Usar un pouquiño de leite se a mistura queda algo seca. Amasar ben e pasar a masa a unha suerficie limpa e ben enfariñada e estirar cun rodelo ata ter unha lámina de medio centímetro de grosor aproximadamente e cortar cun cortador para bolechas. Colocar as bolechas nunha fonte de forno engraxada e fornear a temperatura media ata que estean douradas. Despois decorar con sucre en po. Servir con manteiga.
Suxestións.
Podes probar con outras froitas deshidratadas tropicais. Tamén a tona de laranxa e limón relada queda ben. Unha culleriña de flores de lavanda dalle un toque diferente e moi especial.
Tamén se pode aromatizar a manteiga cunha pizca de zume de laranxa, sucre en pó.

Ningún comentario:
Publicar un comentario